· MÁIS NOVAS ·

Queres participar no MERCADO de ARTESANIA

[ Data: 13 / 07 / 2007 ]

Estimados artesáns:


Coa presente quero comunicarvos, en nome da Asociación Cultural Castromao, que xa están en marcha os preparativos para a celebración do IX Folión Castrexo de Celanova. Un ano máis temos prevista a celebración dun MERCADO DE ARTESANÍA e de OFICIOS (coiro, alfarería, ourivería, cantería, carpintería, ferrería, etc.)

Este ano o Folión Castrexo será os días 10 e 11 de agosto (venres e sábado), datas moi propicias para todos posto que Celanova ten moita afluencia de xente durante a primeira quincena de agosto (son tres fins de semana de festas).

Para aqueles artesáns que non dispoñen de posto propio temos varios de madeira á vosa disposición, que se adxudicaran por orde de solicitude. O custe da instalación dos postos é de 5 euros con posto propio e de 10 se o montamos nós.

HORARIO MERCADO: A montaxe comezará ás 17:00 horas, para empezar ás 18:00 horas e durará ata o final dos concertos (entre a 1:00 e as 2:00). Estableceremos unha hora de peche de acordo coa opinión dos participantes.

A colocación dos postos será na Praza Maior posto que é o punto de encontro dos veciños para o tempo de lecer nas terrazas dos bares polo que é o máis axeitado para que se acheguen os posibles compradores. Este ano ademais das datas está o aliciente do concerto de MILLADOIRO o venres, día 10, no claustro barroco do mosteiro polo que o mercado de artesanía será lugar de paso obrigado.



Os interesados poden porse en contacto con Paula Conde no e-mail paula_conde_lengua@hotmail.com ou no teléfono 647 778 118. Deberedes indicar o NOME, ACTIVIDADE, SE DISPOÑEDES DE POSTO PROPIO E SE VINDES 1 OU OS 2 DÍAS.