· MÁIS NOVAS ·

Presentación libro e concerto na Casa de Curros

[ Data: 05 / 07 / 2007 ]


Este venres, 6 de xullo, presentarase na Casa de Curros o último libro de poemas de Baldo Ramos (o autor do cartel do Folión Castrexo deste ano) do que é editor a Fundación Curros Enríquez.

Despois do acto, que contará coa presencia de Manuel Vilanova, terá lugar un concerto da cantautora ourensá “Olga Andrés” na Horta da Palabra (xardín da Casa de Curros).

O libro presentado titúlase “O ourego e o compás” e para conseguilo terás que asistir á presentación ou consultar na Casa dos Poetas porque é unha tirada pequena e non se porá á venda nas librerías.

Anímate a participar nestas actividades o venres, ás 20.00 é a presentación (tamén haberá uns pinchitos) e sobre as 21.00 o concerto.