O 17 de maio o Burgo Medieval de Vilanova dos Infantes, situado na localidade ourensana de Celanova, acollerá a VI edición da Romaría Etnográfica 'Raigame' , que pretende potenciar o 'Día das Letras Galegas', ademáis de recuperar o saber popular no marco característico do que foi Galicia noutra época.
Máis de 65 artesáns representarán arrededor de 36 oficios diferentes, nunha xornada onde tamén haberá actuacións dunhas 30 agrupacións musicais, xogos populares, exposicións e unha comida campestre.
No apartado etnográfico, este ano na honra da obra de Xaquín Lorenzo 'Xocas', organizarase na rúa do Castelo unha exposición de carros que forma parte da colección privada do Mesón do Labrego de A Merca. No entorno da torre dispondránse xugos chegados dende Cangas; mentres que a Adega de San Vivián recollerá a exposición de canastros de Xosé Arturo Fernández Araújo.